miércoles, 27 de febrero de 2013

Os pés dos nenos pobres

Vaia rapaza máis imbécil. Sempre dicides que é só unha rapaza... e que máis da? Segue a ser unha imbécil. Non a aturo. Aí sentada, sen dicir nada, mirando coma unha parva cara os seus pés. Eu non o entendo. Eu, que non paro nin dous minutos, e aínda menos cos meus compañeiros correndo ao meu redor. Sabes que lle escoitei dicir? Que non os quería manchar. Danme gañas de quitarllos e metelos na poza da corredoira, onde teño sempre que ir pola beira, contra os chantos, para non mollar os pés aínda que non chova.
E que...ti míraa! Tanto sorriso e tanta merda por uns zapatos novos. Non, cala, non é envexa. E que só son uns zapatos. E aínda por riba, novos. Os zapatos novos dan dor de pés. Eu quero os meus zapatos, oes? Os meus de sempre, os que atopei no fondo do armario cando comezaron as choivas do outono, ou cando remataron as do verán. Os que están tan vellos que xa se enchoupan máis ca antes cando chove, os calquera día van romper. Xa están afeitos aos meus pés, e o que lles queda.
Top